A HISTÓRIA DA CÓMEDIA MUSICADA CINCENTA – A GATA BORRALLENTA
Esa é unha historia de gatos que viven en terras lonxanas, onde a fantasía e a maxia se mesturan para crear unha nova realidade, que podemos na maior parte dos momentos nos identificar, nos divertir e tamén reflexionar.
Aurora, a cincenta, é unha gatiña moito xenerosa e sabia, que despois da morte do seu pai, é forzada a facer de serva da súa madrasta Maravilena( que soña en ser princesa, entrar para nobreza e que súa filla sexa Miss Universo) e da súa filla Lindanela(Soña con un príncipe lindiño, en librarse das rigorosas dietas e da dictadura estética imposta pola nai- Maravinela. Mais no fundo Xoán man de mazán, un simple gato do campo é quen xa conseguiu conquistar o corazón de Lindanela). Cando Aurora se sente triste, busca consolo nas súas historias fantásticas, creadas por ela para divertir a súa avoa. Un día, chega un convite do Príncipe Felipo, do Reino das Riquezas, para unha gran festa, onde el escollerá súa princesa. Aurora, que nunca foi a un baile, fará todo para conseguir estar presente no evento do ano..
Se pensan que a historia é soamente iso, vale a pena conferir as sorpresas desta nova e actualizada versión de Cincenta- A gata borrallenta.
Obxectivo
Cada día aumenta a escolarización de nenos e nenas inmigrantes nas aulas e debe ser neste lugar onde cumpra aprender a desenvolver o respecto e o interese cara as diferentes culturas, pobos e linguas. Na infancia non hai noción do espacio, de lugar e do tempo por iso é difícil comprender a interculturalidade, que se pode achegar amosando a riqueza da diferencia: diferentes linguas, crenzas, cores, costumes, aspecto físico…Deste modo propoñemos achegar unha perspectiva intercultural ao espectador ao teatro e ás personaxes dos contos marabillosos.
Unha divertida comedia que fai rir, soñar mais tamén refletir.