O TEXTO
O texto coa sinatura de Marga do Val, trasládanos a 1936, Lorca desde a soidade do seu cativerio en poder dos militares, agarda repostas sobre o seu destino. A dúbida, o medo, a esperanza loitan no seu interior e obrígano a se mergullar nas súas lembranzas, na procura de alento e refuxio. Un diálogo sen máscaras, con deus, con personaxes que poboaron súa historia e con el mesmo. Tempo para encontrar a súa identidade. As últimas horas convértense nun encontro íntimo co universo poético, caótico, irónico, pragmático e crítico do home- poeta. Vida, fogo, amor, desexo, morte, envexa, segredos, mentiras e verdades son moitos dos soños e pesadelos revelados pola vida do home, do poeta e do mito. O texto está libremente inspirado nas múltiples investigacións sobre a vida e obra de Federico Garcia Lorca.
O Maior Xenio do Mundo, en 2010, foi a primeira obra da Triloxía asinada por Eisenhower Moreno. Dando continuidade a saga sobre o masculino, Lorca e as flores de Venus é unha visita aos acontecementos históricos, unha reflexión activa, libre e persoal sobre o universo creativo e simbólico Lorquiano. A aposta en escena, ten o obxectivo de explorar as moitas vertentes do lúdico, apoiase totalmente nas posibilidades de interpretación corporal, vocal e emocional do actor. Poucos aderezos e poucos obxectos de decorado dan espazo para que a historia gañe vida de forma áxil e cinematográfica, onde o teatro e a música se mesturan para crear unha atmosfera íntima. O público convértese en avogado, xuíz, fantasma, amigo, nunha compañía constante para o actor, para o Lorca, que no abeiro do seu cárcere interior tenta librarse das súas propias cadeas espíndose e entregándose aos ritos dun xogo psicolóxico. O teatro particular de un amante do teatro. A música ten un carácter iconográfico que traducida para a escena, posibilita o tránsito perfecto entre o plano da imaxinario e o plano da realidade, da conciencia e viceversa. O ambiente sonoro criado por arranxos orixinais, e por cancións cantadas, compostas pola, Instrumentista, Cantante, Compositora e Actriz, María Graña, evocan os anxos e demos da inocencia, determinan o pulsar do corazón do meniño, a cadencia das impresións das paisaxes, que se alternan entre as narracións descritivas e disertacións. Un remate esperado nunha secuencia de sorprendente revelación. Un espectáculo que nos obriga a trasladar o pasado ao presente, un espectáculo de hoxe.
|
|